CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 21.00 horas
  • Praza de San Nicolás
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

Volcanes son un xigante listo para entrar en erupción. Esta banda, fundada das cinzas dos míticos The Faith Keepers, salta con descaro polas ramas máis duras do soul, o funk e os sons latinos, pero con intelixencia e madurez en cada tema.

Os zaragozanos –que conta con dous integrantes de Los Bengala- son unha marabillosa rareza no panorama musical actual, cun espectacular frontman (Borja Téllez) u unha banda de alto nivel (Jota García (Bajo), Guillermo Sinnerman (Guitarra) e Eduardo Pons (Saxos) que electrifica o ambiente en canto pisan o escenario. Empeñados en demostrar que se pode facer bo soul en castelán, en 2017 publicaron o seu primeiro EP Levántate que foi acompañado dunha pequena pero exitosa xira. Neste 2019 publican Revolución Interior, cinco cancións que abordan con espiritualidade, esperanza e rabia as luces e sombras da vida, as frustracións existenciais ou as inxustizas inherentes á condición humana. Melodías sanadoras, estimulantes ritmos e voces que inducen á loita persoal, combinadas con sudor, elegancia e baile ao servizo dun show que é pura entrega e paixón.