CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 13.30 horas
  • Bulevar do Papagaio
SOCIAL

    

BIOGRAFÍA

O dúo feminino Vudú,formado por Belém Tajes -teclado e voces- e Maritxinha -baixo e loops-, traen ao Noroeste Estrella Galicia letras chegadas da música tradicional galega con sons Soul e R&B. Con influencias de musicos como Marful, Carmen Rey, Xabier Díaz, Erykah Badu, Nik West ou Stevie Wonder, fan unha música íntima e elegante para grandes e pequenos momentos.

A banda naceu na Coruña en 2016, un ano despois de gravar nos estudos coruñeses Bruar un primeiro EP en formato cuarteto, co que gañan o premio á mellor canción en Galego por Eu son VooDoo no certame Música Xove de Compostela. En 2017, xa en formato dúo, gañan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e buscando novas fórmulas de directo. Tras publicar un segundo EP, no inverno de 2018 presentaron o seu primeiro disco, Vudú Vol III, onde inclúen letras do cancioneiro tradicional galego coas harmonías da música negra que tanto lles define.