CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 23.15 horas
  • Campo da Leña
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

O trío italiano Zu enorgullécese de seguir os seus propios camiños musicais desde fai vinte anos. Aínda que a súa liña de saxofón barítono, baixo e batería virtuosa é típica dunha banda de jazz, o seu son electrónico vangardista duro está en débeda co punk rock. Formados en Roma en 1997, comezaron como compositores e músicos de teatro, colaborando ao longo da súa carreira co director Romeo Castellucci, da lendaria compañía de teatro de vangarda  Societas  Raffaello  Sanzio, ademais de grandes músicos como Mike Patton, Mats Gustafsson, Thurston Moore, Mats Gustafsson e Gabe Serbio de The Locust, entre outros. Este trío atípico ven de formar parte de festivais de catro continentes e conta no seu haber con quince discos, entre eles dous  que recollen os seus vibrantes directos, como o que viviremos este Noroeste 2019.