Sábado 11 e domingo 12 de agosto, de 12.00 a 22.00 h.

Despedimos o 32º Festival Noroeste Estrella Galicia cunha romaría popular no Parque do Paseo das Pontes, para gozar coa mellor música e con moitas outras actividades para toda a familia da man do Mercado da Colleita. Ademais de vibrar cos directos de bandas e artistas como Vega, MäBU, Ángel Stanich, La Plata o Morgan, poderás descubrir como cultivar unha horta urbana e participar en degustacións, xogos e moitas outras sorpresas.

*As sesións aos pratos corren a cargo de DJ Inclusivo, proxecto da Asociación Cultural Negus dentro do programa Cultura Inclusiva, de Fundación Emalcsa, co obxectivo de promover e facilitar a participación das persoas con diversidade funcional na vida cultural, así como favorecer o desenvolvemento da propia experiencia artística en igualdade de oportunidades.

Más información en www.mercadodelacosecha.com