Mordem é o novo proxecto da coruñesa Elba Fernández, quen se deu a coñecer en 2010 baixo o pseudónimo de Jane Joyd. Con grande habilidade para crear ambientes e estados, Elba evolucionou e o seu folk americano fusiónase agora con outros estilos próximos ao pop e un son máis nórdico. Fragments do Dominate the Silence é o seu novo disco, autobiográfico e instrospectivo. Para coñecer máis a Mordem, escoita esta lista onde recolle os seus temas favoritos.


Zola Jesus – Soak
De Zola siempre estou esperando nova música e con cada disco sempre me sorprende para ben. Ten moita personalidade melódica e móvese moi ben nos claros e escuros. Espero que lle pareza ben que a miña cadela se chame coma ela. : )


Anohni – Paradise
Outra muller que pode facer o que queira, unha das voces con máis personalidade diante dun piano ou no medio dunha electrónica explosiva e desgarradora. Gústame a temática de Hopelessness, pura reivindicación soando a 2018.


Thomas Azier – Verwandlung
O seu primer disco foi un descubrimento para min, é unha desas voces que parecen que choran en todo momento, que soan nostálxicas e pouco conformistas. O seu segundo disco así o demostra explorando outros rexistros.


Eric Carmen – Hungry Eyes
Esta é unha canción que me vai perseguindo cos anos, que me recorda á miña adolescencia e ao meu lado hortera. Non deixo de namorarme desta canción.


Chelsea Wolfe – House of Metal
Chelsea é moi grande tanto na súa faceta máis folk como na metaleira. Sempre consegue que as súas cancións parezan soños e ela, envolta nas súas cancións, un ser mitolóxico.


Anna von Hausswolff – Mountains Crave
Ten unha voz clásica, unha maneira clásica de construír a súa música e toca un instrumento clásico e, porén, paréceme non tela escoitado nunca. Nos seus discos utiliza o órgano como instrumento principal, é unha pasada e bastante arriscada a perspectiva musical que achega a un instrumento que parecía moi encasillado.


Nirvana – Frances Farmer Will Have Her Revenge On Seattle
Nirvana é un dos meus grupos de toda a vida, creo que non estaría facendo o que fago sen Kurt Cobain. Grazas a el empecei a tocar a guitarra.


Garbage – Push It
Non sei se hai algunha rapaza dos 90 que non quixera ser Shirley Manson. Eu estaba obsesionada. A día de hoxe sigo escoitando Garbage e ségueme achegando cousas novas.


Joji – Will He
Supoño que dentro duns anos saberei por que escoito tanto esta canción en bucle ultimamente. Agora simplemente soa unha e outra vez como algo novo que atrapa sen saber o porqué.


Lorn – Acid Rain
Lorn ou Marcos Ortega é o ‘stranger things’ da música. Polo xeral as súas cancións son instrumentais e non precisan dunha voz para atoparlle a alma ás máquinas. Estou fascinada co que fai.