Unha romaría popular contemporánea para todos os públicos clausurará o sábado 10 e o domingo 11 de agosto o 33º Festival Noroeste Estrella Galicia no parque do Paseo das Pontes da man do Mercado da Colleita. O evento contará cun completo programa musical en sesión continua e gratuíta cos mellores sons do indie galego, estatal e internacional e cunha variada oferta de actividades para gozar en familia e coñecer de primeira man a proposta de valor que achega o Mercado da Colleita, a iniciativa de responsabilidade social impulsada pola Corporación Hijos de Rivera para a transformación sustentable do rural.

O Mercado da Colleita consolídase deste xeito no marco do Noroeste Estrella Galicia, con dous días de programación, a mellor música e moitos produtores e actividades durante toda a fin de semana, de 12.00 a 22.00 horas. Xogos tradicionais, o cultivo dun horto, catas e degustacións e obradoiros lúdicos e divulgativos son algunhas das múltiples propostas que se poderán encontrar no Mercado da Colleita durante estas dúas xornadas de clausura do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia.

No ámbito musical, a xornada do sábado 10 de agosto contará con tres directos musicais singulares en sesión de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, con artistas de referencia da escena indie, como Pablo Lesuit, Anni B Sweet e Los Punsetes. Namentres, o domingo será a quenda das actuacións de Silvia Penide, Ñaco Goñi + Marian Ledesma & Tinaquero Brothers, Bart Davenport, Os Amigos dos Músicos, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba e Joe Crepúsculo, mentres que as sesións ao pratos corresponderán, por segundo ano consecutivo, a DJ Inclusivo, un proxecto da Asociación Cultural Negus que se desenvolve no marco do programa Cultura Accesible e Inclusiva, impulsado polo Concello da Coruña a través da Fundación Emalcsa, co obxectivo de promover e facilitar a participación das personas con diversidade funcional na vida cultural, así como favorecer o desenvolvemento da propia experiencia artística en igualdade de oportunidades, derrubando calquera barreira que dea lugar á súa discriminación.

O Mercado da Colleita porá así o alfinete final ao Festival Noroeste Estrella Galicia por cuarto ano consecutivo, despois do éxito da pasada edición, onde máis de 11.000 persoas puideron gozar de preto de 20 iniciativas do rural galego, que ofreceron todo tipo de actividades que se celebraron de maneira repetida e simultánea durante toda a fin de semana. A organización convida a todos os públicos a participar nestas dúas últimas xornadas do Noroeste Estrella Galicia coas súas mantas e comida, para converter  o Parque do Paseo das Pontes nunha auténtica romaría musical contemporánea, urbana e festiva.

 

O ÉXITO DUNHA INICIATIVA SUSTENTABLE E LÚDICA EN #MODORURAL

O Mercado da Colleita regresa ao Paseo das Pontes por cuarto año consecutivo como broche final á 33º edición do Noroeste Estrella Galicia cun completo programa musical e unha variada oferta de actividades lúdicas e divulgativas para todos os públicos. O éxito desta iniciativa de compromiso social de Hijos de Rivera no marco do festival aumentou en cada edición, acadando os 11.000 asistentes do pasado ano que reforzaron coa súa presenza unha proposta de lecer familiar arredor do rural e a sostibilidade.

De novo, o Mercado da Colleita despregará no Paseo das Pontes un atractivo espazo co que se pretende sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de transformación do rural e facela partícipe da súa responsabilidade nesta tarefa. Todo isto no marco dun ambiente festivo, cun cartel musical de luxo e cunha ambiciosa proposta de actividades arredor do medio ambiente, da revalorización da orixe, do valor do produto de proximidade e do consumo responsable.

Neste sentido, durante o sábado o Mercado da Colleita porá en marcha talleres diversos como os de elaboración e cata de pan, de preparación de táboas de queixos, de coidado de hortos ou compostaxe, de posta en marcha dun vivero e o seu coidado ecolóxico, así como degustacións de sidras e parladoiros sobre sostibilidade no rural ou modelos de negocio para a súa transformación. As persoas asistentes poderanse inscribir ao chegar no espazo habilitado para tal fin.

Os xogos tradicionais e talleres de manualidades estarán toda a fin de semana a cargo de R, mentres que Gadis desenvolverá unha completa axenda destinada aos máis pequenos de obradoiros de cociña e actividades lúdicas. Como novidade, este ano súmase á proposta o “Proxecto de Sostibilidade WE” durante as dúas xornadas cunha oferta de actividades de concienciación arredor da sostibilidade que irán desde a reciclaxe con caixas de carton kraft e construción de castelos para personalizar, preparación de camisetas tie dye con tintas naturais, práctica de skateboarding cunha rampla reciclada ou obradoiros de caretas e de pintura.

O domingo Mercado da Colleita ofrecerá unha serie de conversas e coloquios con temáticas como “Accións cotiás para a sostibilidade” ou “A importancia do medio rural na sostibilidade global”. Ademais, desenvolveranse actividades sobre slowfood, así como obradoiros de elaboración de queixos, de pan, de cociña variada ou do coidado dun horto na casa e catas de infusións e sidras, así como degustacións doutros produtos do noso rural.

E, por suposto, tanto R coma Gadis manterán a súa oferta de lecer, que se suma a todas as propostas do “Proxecto de Sostibilidade WE”. Todas estas actividades completan un programa de ocio único arredor da sostibilidade do rural en pleno centro urbano que pecha por todo o alto o 33º Festival Noroeste Estrella Galicia.