Segue ao Festival Noroeste Estrela Galicia nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram e gaña unha entrada dobre para ver a Holly Miranda, Soleá Morente e/ou Hailu Mergia os próximos días 6, 7 e 8 de agosto no Castelo de Santo Antón. Desde o mércores 31 de xullo ata o venres 2 de agosto exporemos unha pregunta diaria sobre cada un dos artistas, e sortearemos invitacións para poder gozar das súas actuacións. Le atent@ as seguintes bases do concurso para coñecer os termos e prazos. Participa!

CONCURSO

O sorteo de entradas para os concertos do 33 Festival Noroeste Estrella Galicia no Castelo de Santo Antón está organizado polo Concello da Coruña, con domicilio social na Praza de María Pita, 1, 15001 A Coruña, e se encontra incluído no Festival Noroeste Estrella Galicia da Concellería de Turismo e Comercio.

O obxectivo deste sorteo é que os fans dos artistas que actúan nos recintos antes mencionados, e que ademais son seguidores das redes do festival, garantan a súa entrada os días correspondentes ás actuacións. en definitiva, preténdese premiar a súa fidelidade ao Noroeste e a interese en asistir ao concerto.

TERMOS E CONDICIÓNS

Os seguintes termos e condicións aplícanse ao concurso/ sorteo de entradas para recintos con aforo limitado do 33 Festival Noroeste Estrella Galicia, que promociona e executa a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento a través das redes sociais:

Facebook: https://www.facebook.com/festivalno…

Twitter: https://twitter.com/FestNoroeste

Instagram: https://www.instagram.com/festivalnoroeste/

Os gañadores e gañadoras do concurso recibirán unha entrada dobre para o concerto correspondente á xornada na que participen.

O número total de entradas sorteadas serán 180 entradas dobres: 60 diarias (20 Facebook, 20 Twitter e 20 Instagram) para cada concerto no Castelo de Santo Antón.

1.- Participantes

Poderán participar todas as persoas maiores de idade, que sexan seguidores das contas do Festival Noroeste Estrella Galicia de Facebook, Instagram e Twitter.

Quedan excluídos da participación do concurso os empregados do Concello da Coruña e aquelas persoas que participen directa ou indirectamente na elaboración do concurso, así como ningún dos familiares de calquera dos anteriores, en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade. Os participantes aceptarán as condicións deste concurso.

2.- Mecánica do concurso

Cada día formularase unha pregunta sobre o artista/ banda que actuará no Castelo de santo Antón.

Os seguidores e seguidoras de Facebook, Instagram e Twitter terán ata as 12.00 horas do día seguinte para responder á pregunta. Unha vez finalizado o prazo, entre aqueles e aquelas que responderon de forma correcta, farase o sorteo correspondente ás entradas para o Castelo de Santo Antón.

Desta forma o calendario do concurso do 31 de julio ao 2 de agosto será:

Mércores 31 de xullo pregunta sobre Holly Miranda.

Xoves 1 de agosto pregunta sobre Soleá Morente.

Venres 2 de agosto pregunta sobre Hailu Mergia.

O sorteo realizarase cada día a través da ferramenta online https://www.sortea2.com/. Para levalo a cabo introducirase o nome dos participantes que respondan correctamente a cada pregunta e, de forma aleatoria, a ferramenta seleccionará 20 nomes por rede, que serán os que se anuncien como gañadores dos sorteos.

A ferramenta online https://www.sortea2.com/ seleccionará, ademais da listaxe de gañadores, unha listaxe de suplentes.

3.- Comunicación dos gañadores

Unha vez publicada a listaxe de gañadores e gañadoras en cada unha das redes deberán poñerse en contacto co festival por mensaxe privada facilitando nome e apelidos e DNI da persoa que retirará a invitación.

Os gañadores terán que contactar coa organización ata as 12.00 do domingo 4 no caso de Holly Miranda, as 12.00 do lunes 5 no de Soleá Morente, e as 12.00 do martes 6 de agosto ás 20.00h no de Hailu Mergia, para aceptar o seu premio enviando os seus datos. De non ser así, as entradas ofreceranse, por estrita orde do sorteo, aos gañadores suplentes seleccionados pola aplicación (ver apartado 4 das bases).

A invitación retirarase directamente na porta de entrada do Castelo de Santo Antón.

Se as persoas gañadoras non se presentaran nos espazos chegada a hora de inicio das actuacións, estas perderán o dereito ás súas prazas.

Rógase chegar ao recinto ao menos media hora antes do inicio do concerto para retirar as entradas, para evitar colas e atascos innecesarios e facilitar o bo transcurso do acceso e o concerto.

4.- Suplentes

A ferramenta online https://www.sortea2.com/ seleccionará, ademais da listaxe de gañadores, unha listaxe de suplentes. En caso de que os gañadores non se comuniquen coa organización para facilitar os seus datos e aceptar o seu premio segundo o indicado no apartado 3 destas bases, darase paso a comunicar o premio aos suplentes, en orden estrito segundo os resultados facilitados pola aplicación online.

Os gañadores suplentes deberanse poñer tamén en contacto co festival por mensaxe privada facilitando nome e apelidos e DNI da persoa que retirará a invitación. Terán ata as 10.00 horas do día do concerto para facelo. Senón a súa entrada quedará deserta.

5.- Dereitos

Os usuarios das redes sociais serán responsables dos seus propios comentarios e/ou publicacións, exonerando ao Concello da Coruña, á Concellería de Turismo e Comercio e ao Festival Noroeste Estrella Galicia de calquera responsabilidade derivada dos contidos aportados por ditos usuarios.

Os usuarios deberán atender aos termos e condicións establecidos por Facebook, Twitter, Instagram e Sortea2.com no referente ao rexistro e uso da páxina e as diferentes aplicacións, publicacións, contidos, etc., así como todo o relativo a condicións de privacidade, protección de datos e propiedade intelectual.

6.- Propiedade intelectual e protección de datos

Os participantes, polo mero feito de participar no concurso, aceptan as súas bases e o criterio do Festival Noroeste Estrella Galicia en canto a resolución de calquera cuestión derivada destas bases. Mediante a aceptación da participación no concurso, os gañadores permiten e consenten que os seus datos persoais sexan publicados como gañadores en calquera das plataformas oficiais (web e redes sociais) vinculadas ao Festival Noroeste Estrella Galicia e ao Concello da Coruña.

Os datos persoais subministrados no presente concurso someteranse á política de privacidade e protección de datos que corresponda a cada entidade, así como as que corresponden ás redes sociais e aplicacións empregadas neste concurso.

Para o coñecemento de calquera litixio que puidera formularse en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto o Concello da Coruña como os participantes neste concurso.